A ruta dos refuxiados

A ruta dos refuxiados

Publicado por: Catro Ventos Editora




DESCRICIÓN
É nas miradas onde se agochan a maioría de respostas dos refuxiados e este libro trata, precisamente, sobre a mirada. Sobre a ollada de tres fotógrafos galegos que documentan a maior crise humanitaria que viviu a chamada Unión Europea, miradas propias cun elemento común: o foco posto nas vítimas e o lente orientado ao seu contexto.

Páxinas feitas de miradas de terror, de recordos que apenas poden contarse con palabras; de miradas que nos miran, preguntando como e por que este trato, de que fixeron para merecer tal desprezo; de olladas cheas de abulia e desconfianza entre quen os recibe; de miradas que berran inxustiza; de miradas cargadas de angustia e desesperanza, pasada, presente e futura.


CARACTERÍSTICAS
Peso: 0.2 kg
Dimensións: 2 × 26 × 21 cm
ISBN: 978 84 945917 1 6

FORMATO
Encadernación rústica cosida

Nº PÁXINAS
72

XÉNERO
Divulgación, Foto-xornalismo






Libros relacionados con A ruta dos refuxiados