Alexandre Grande Babarro
Permacultura
Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor
Formato
Encuadernación
Páginas
Tapa dura
sin solapas
sin solapas
Este libro ya no está disponible en Libros.com
Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor
Velaquí unha caixa de ferramentas coas que facer fronte á crise ecolóxica, social e sistémica mundial. Atoparemos neste libro unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos e recursos. O autor completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos activos en Galiza que traballan cara á transición. Coñecer esta vangarda galega servirá de estímulo ao empoderamento e o emprendemento doutros proxectos de transformación ecosocial.
Con esta obra non coñecerás só os trazos puramente ecolóxicos da permacultura, senón tamén os aspectos sociais, económicos e persoais. Ademais de vivirse no campo e na natureza, a permacultura vívese nas relacións entre as persoas e coa contorna, e nas iniciativas de comunidade.
Ademais dun sistema de deseño, a permacultura converteuse nunha filosofía de vida. Os seus principios e éticas sérvennos para habitar este planeta dunha forma máis responsable. Velaquí unha caixa de ferramentas coas que tomar conciencia e actuar cara a unha mudanza ecosocial necesaria.
Quen pense que a permacultura ten que ver coa disposición dos cultivos ou con bioconstrución, vai por bo camiño, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai moito máis alá. A súa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidades e a tecer redes.
Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista, pero sobre todo desde a curiosidade cara a proxectos que apostan por outro mundo posible, Alexandre Grande Babarro preséntanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos asentados en Galicia que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e sistémica mundiais.
Alexandre Grande Babarro, galego, nado en 1985. Xunta a toda a unha experiencia práctica en distintos contextos e lugares do mundo un constante proceso de aprendizaxe que o levou a formarse en permacultura, deseño de ecoaldeas, transformación ecosocial e metodoloxías de proxectos en institucións como o Instituto Chileno de Permacultura, Gaia Education, o Instituto de Permacultura Ná Lu’um ou a Gaia University.
En 2014, cofunda en Vigo o proxecto Ecolectivo, unha iniciativa multidisciplinar de carácter experimental baseada na ecoloxía e outros ámbitos ecosociais, hoxe en día un dos espazos de referencia en permacultura no territorio español. Entre 2015 e 2019 asume a coordinación xeral en Europa do Instituto de Permacultura Ná Lu´um, facilitando numerosas formacións en diversos proxectos e países.
¿Has leído este libro?
Comparte tu opinión
Opiniones de los lectores
Todavía no hay ninguna opinión de este libro.